ALGUNHAS ORIENTACIÓNS E RESPOSTAS EDUCATIVAS

Estas son unhas publicacións da Xunta que teñen como obxecto achegar aos membros da comunidade educativa (pais e nais, profesorado en xeral e mesmo alumnado) información básica referida a temas educativos do seu interese, fundamentalmente aqueles que teñen que ver con algunha das  necesidades educativas especiais ás que se refiren.

ALUMNADO CON PROBLEMAS DE CONDUTA
Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que 
afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive 
(familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de
 con­vivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social.


ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA
Explica as características mais comúns neste tipo de discapacidade


 ALUMNADO CON SOBREDOTACIÓN INTELECTUAL
Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando nela se dan as 
seguintes características: unha capacidade intelectual moi superior 
á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao 
de motivación e perseveranza.


ALUMNADO CON TRASTORNOS DE APRENDIZAXE
Neste caderno atopamos orientacións referidas ao rendemento 
escolar por debaixo do esperado nas capacidades para a lectura, o 
cálculo e/ou a expresión escrita


ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL
Este caderno comeza así: "Non só as persoas que non poden ver non perciben a beleza das cousas; 
hai moitas que teñen a capacidade de ver e non a perciben. Tamén hai 
outras que, con limitacións na capacidade de visión, perciben toda a 
beleza do mundo."



No hay comentarios: