Concurso Cartas de Amor

No noso colexio, o fantástico Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou un certame de Cartas de Amor  para conmemorar o día de San Valentín. Durante uns días podíanse deixar as cartas nun buzón moi amoroso destinado a recoller as ilusións dos que quiseron participar. 
Un alumno da aula de Educación Especial, realizou e depositou alí a súa carta, expresando o amor que sinte hacia os seus amigos e compañeiros. 
Os pictogramas de ARASAAC, son sempre un apoio fundamental para facilitar a comunicación e neste caso, a expresión escrita do neno. Pretendemos tamén, dende a aula, normalizar este Sistema de Comunicación, xeneralizándoo nas diferentes actividades que se propoñen dende o cole. O resultado foi este.

 Coma tódolos participantes recibiu con satisfación o seu agasallo por participar.

Noraboa as gañadoras!!!


No hay comentarios: