María Victoria Moreno, "A festa no faiado" con pictogramas

O Día das Letras Galegas 2018 está adicado a escritora María Victoria Moreno. Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas.
Desde a aula de Educación Especial fixemos a adaptación con pictogramas do seu conto "A festa no faiado". 
Destacamos e agradecemos ós alumnos e alumnas de 5 anos do colexio a estupenda lectura que realizaron deste conto.


No hay comentarios: